Manuel Bello Pallas, nado en 1925 e finado en Carballo o 26 de setembro de 2006, foi un político galego.

Traxectoria Perito de formación, fundou o Colexio La Leus, coñecido como A escola de Pallas, en 1949, do que foi director. Concelleiro en Carballo, en 1967 foi nomeado primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por Jacinto Amigo Lera. Foi nomeado alcalde de Carballo o 14 de xullo de 1971. Presentou a súa dimisión como alcalde ao gobernador civil a comezos de febreiro de 1975.La Voz de Galicia, 7-2-1975, p. 5. Foi presidente do Bergantiños FC de 1970 a 1973.

Recoñecementos

Logo da súa dimisión, recibiu a medalla de San Raimundo de Peñafort en abril de 1975.La Voz de Galicia, 25-4-1975, p. 8. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Carballo, do franquismo á primeira corporación democrática

Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Presidentes do Bergantiños FC