Ramón San Luís Romero, nado en Carballo e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1944, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco San Luís, que fora presidente do Comité Republicano, síndico e alcalde de Carballo na Primeira República, e irmán de Xesús San Luís Romero. Foi presidente do Centro Solidario Gallego de Carballo creado o 8 de decembro de 1908. Fundou sociedades labregas, foi acusado de desordes públicas e xulgado na Coruña en xaneiro de 1911.El Noroeste, 10-1-1911, p. 1. Ante o acoso tivo que marchar para América. Retornou a Carballo e durante a II República afiliouse ao Partido Radical e logo da destitución da corporación presidida por José Monteagudo Rodríguez polo gobernador civil en setembro de 1934, foi elixido alcalde de Carballo.La Voz de Galicia, 29-9-1934, p. 9. Finou en Carballo o 27 de xullo de 1944.La Voz de Galicia, 28-7-194, p. 3.
Vida persoal Casou con Matilde Pombo Salgado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xesús San Luís Romero
Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas
Categoría:Políticos de Galicia
Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes