miniatura|280px|Cástor e Pólux no Capitolio de Roma, obra de Michelangelo.

Na mitoloxía grega e romana, Cástor e Pólux (en , Kástôr; e Polydeúkês, "moi doce") foron os fillos xemelgos de Leda con Tindáreo e Zeus respectivamente, irmáns de Helena de Troia e Clitemnestra, e medio irmáns de Timandra, Febe, Heracles e Filónoe. Eran coñecidos colectivamente como Dióscuros (en , Dióskouroi, "fillos de Zeus"), ou como os Xemelgos (Gemini) ou Castores. Segundo o mito, os xemelgos comparten a mesma nai, porén teñen pais diferentes - o que significa que Pólux, por ser fillo de Zeus, era inmortal, mais Cástor non o era. Cando Cástor foi asasinado, Pólux pediu ó seu pai que deixase que o seu irmán tamén tivese a inmortalidade, e así foron transformados na constelación Xémini. Os dous son tidos como patróns dos navegantes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía . . .

Outros artigos Academo Polideuco (lúa)

Categoría:Mitoloxía romana Categoría:Homes na mitoloxía grega