miniatura|Escudo familiar A familia Bernoulli é unha familia de matemáticos e físicos suízos procedentes da cidade de Basilea, que irrompeu no mundo científico a finais do século XVII.

O fundador desta familia foi Jacob o vello, nado en Anveres (Bélxica), un hugonote que se trasladou a Basilea en 1622 por motivos de persecución relixiosa. casou tres veces e só tivo un fillo, Nikolaus. Este casou e tivo unha ducia, dos cales catro chegaron á idade adulta; dous deles convertéronse en matemáticos de primeira orde: Jakob, nado en 1654, e Johann, nado en 1667. Ambos estudaron a teoría do cálculo infinitesimal de Leibniz e desenvolveron aplicacións da mesma.

Principais membros A familia Bernoulli produciu moitos artistas e científicos notables, en particular un gran número de matemáticos famosos do século XVIII: Jakob Bernoulli (1654–1705; tamén coñecido como James ou Jacques), matemático que deu nome aos números de Bernoulli. Nicolaus Bernoulli (1662–1716), pintor e rexedor de Basilea. Johann Bernoulli (1667–1748; tamén coñecido como Jean), matemático suízo que adoptou de forma temperá o cálculo infinitesimal. Nicolaus I Bernoulli (1687–1759), matemático suízo. Nicolaus II Bernoulli (1695–1726), matemático suízo; investigou as curvas, as ecuacións diferenciais e a probabilidade. Daniel Bernoulli (1700–1782) desenvolveu o principio de Bernoulli o paradoxo de San Petersburgo. Johann II Bernoulli (1710–1790; tamén coñecido como Jean), matemático e físico suízo. Johann III Bernoulli (1744–1807; tamén coñecido como Jean), xeógrafo, astrónomo e matemático xermano-suízo. Jakob II Bernoulli (1759–1789; tamén coñecido como Jacques), físico e matemático ruso-suízo.

Liña familiar

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Principio de Bernoulli Distribución de Bernoulli Paradoxo de San Petersburgo Ligazóns externas The Encyclopedia of Science, de David Darling

Categoría:Matemáticos de Suíza