Reflector ou Reflektor é un satélite artificial da NASA construído pola empresa rusa NII Kosmicheskovo Priborostroeniya e lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un foguete Zenit 2 desde o cosmódromo de Baikonur

Características O obxectivo de Reflector foi servir como obxectivo pasivo e de referencia para láseres emitidos desde terra co fin de caracterizar o sinal e mellorar a detección e determinación orbital do lixo espacial. Para iso o satélite consistía nunha estrutura na que se situaban 32 prismas retrorreflectores. Foi lanzado como carga adiciona xunto co satélite Meteor-3M 1.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Zenit 2

Categoría:Satélites artificiais