Manuel Fernández Munín, nado en Boqueixón, é un economista e político galego do PPdeG.

Traxectoria Economista, ten unha xestoría en Santiago de Compostela. Foi presidente dunha asociación de pais de alumnos. Foi de número dous na candidatura do PPdeG en Boqueixón para as eleccións municipais de 2015 e foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde. A finais do 2016, logo da renuncia á alcaldía de Ovidio Rodeiro Tato para pasar a ser Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 2019 volveu acadar a alcaldía logrando maioría absoluta.

Renunciou a presentarse como candidato á reelección nas eleccións municipais de 2023, sendo substituído como cabeza de lista polo seu antecesor Ovidio Rodeiro Tato, o cal regresou á alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boqueixón

Categoría:Alcaldes de Boqueixón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes