O tigre do Caspio (Panthera tigris virgata) é unha subespecie de tigre que habitaba, antes do remate do século XX, nos escasos hábitats de bosque de ribeira do oeste e do sur do mar Caspio, dende Turquía e Irán até o deserto de Xinjiang, na China. A súa dieta consitía, probablemente, en xabaríns e cervos, e en menor medida cabalos e gatos da xungla. O tigre do Caspio era un dos meirandes felinos que xamais existiron.
Está moi relacionado co tigre siberiano.Driscoll, C.A., Yamaguchi, N., Kahila Bar-Gal, G., Roca, A.L., Luo, S.-J., Macdonald, D. and O’Brien, S.J. (2009). Mitochondrial phylogeography illuminates the origin of the extinct Caspian tiger and its relationship to the Amur tiger. Plos One 4: 1–8. Foi descrito como unha subespecie intermedia entre o siberiano e o tigre de Bengala.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Panthera tigris virgata en IUCN Cat Specialist Group Species Account
Categoría:Félidos Categoría:Animais descritos en 1815