Luis Fernández Ríos, nado no Castelo (Cadrón, Lalín) en 1954, é un psicólogo e profesor galego.

Traxectoria Fixo as primeiras letras na escola unitaria de Cadrón, o bacharelato no seminario de Lugo e estudou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Psicoloxía, traballou en Israel. É profesor de Psicoloxía da UNED. Foi coordinador da aula da UNED de Lalín. É profesor de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC.

Obras Manual de psicología preventiva, 1994. Psicología de la corrupción y de los corruptos, 1999.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes