Jesus Altuna Etxabe, nado en Berastegi o 27 de xullo de 1932, é un antropólogo e arqueólogo vasco.

Traxectoria Estudou Filosofía e Teoloxía nos seminarios de Vitoria e Donostia, e Ciencias Biolóxicas na Universidade de Madrid.

Como antropólogo colaborou en escavacións arqueolóxicas dirixidas por outros arqueólogos na zona cantábrica, en particular José Miguel de Barandiarán no País Vasco, entre 1960 e 1972. Tamén participou en escavacións arqueolóxicas na Nubia Sudanesa baixo o encargo da Unesco. Foi director de escavacións arqueolóxicas dende 1973, especialmente no País Vasco.

Foi catedrático do Instituto José María Usandizaga de Ensino Medio de Donostia. En 1980, incorporouse á Universidade do País Vasco, onde foi catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais até 2002, cando se xubilou. As súas áreas principais de investigación e traballo son a zooarqueoloxía de sitios prehistóricos, a arte paleolítica e a protección do patrimonio arqueolóxico.

Dende 1960 desenvolveu as súas investigacións no Departamento de Prehistoria da Sociedade de Ciencias Aranzadi, da que chegou a ser presidente da Sociedade, director do seu Departamento de Prehistoria e da revista Munibe Antropologia-Arkeologia.

É membro do Comité de Honra do ICAZ (International Council for Archaeozoology).

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Antropólogos de España Categoría:Arqueólogos de España