miniatura|"Combate entre Hércules e Xerión", de Xosé Espona e Tim Behrens, no parque escultórico da Torre de HérculesParque escultórico da Torre de Hércules Timothy John Behrens, chamado Tim Behrens, nado en Londres en 1937 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2017, foi un pintor e escritor galego-británico, vinculado á Escola de Londres.

Traxectoria Behrens, de familia xudía, estudou na Escola de Belas Artes Slade do University College de Londres, en Londres. Nesa etapa de formación moveuse por distintos bares e clubs de bebida de artistas e intelectuais, como The Colony Room, onde fixo grupo con artistas que logo foron coñecidos como a Escola de Londres, e que compartían uns ideais estéticos e artísticos: Lucian Freud, Francis Bacon, John Deakin, Frank Auerbach ou Michael Andrews.Terry Kirby (20 de decembro de 2004) "Celebrities and bohemians come together for Lucian Freud sale", The Independent. Neses anos cincuenta e sesenta do século XX, Behrens pintaba e ao mesmo tempo posaba como modelo: el é o personaxe que aparece no cadro Red-Haired Man on a Chair (Home roxo nunha cadeira), de Lucian Freud de 1962Red-Haired Man on a Chair) e 1963, e o protagonista do Retrato de Timothy Behrens, unha obra de Michael Andrews que pertence á colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza).Michael Andrews, Portrait of Timothy Behrens, 1962

Parte da súa carreira pictórica posterior desenvolveuna en países do sur de Europa, como Italia, Grecia ou España. En 1985 instalouse na Coruña, cidade na que faleceu.

Obra literaria El monumento, 2003, traducido do orixinal inglés. Poniéndose ya el abrigo, 2010, traducido do orixinal inglés. Amores y pesadillas, 2009 (poesía) Aquí se puede fumar, 2012 (poesía)

Vida persoal Casado, tivo un fillo, Charles Behrens, videocreador.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas A Lunch Party, 1961, cadro de Tim Behrens, visible en distitos catálogos de arte británica online. Man in bed, cadro de Tim Behrens, poxado en Christie's.

Categoría:Pintores de Inglaterra Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 2017 Categoría:Galegos do Reino Unido