Vera Ivanovna Zasulich (en ), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís. Foi encarcerada en 1869 por manter correspondencia co líder nihilista e anarquista Sergei Netchaev. Trala súa excarceración en 1871, estabeleceuse en Kíiv, onde contactou con Insurxentes de Kíiv, un grupo revolucionario de seguidores de Mikhail Bakunin, chegando a converterse nunha líder respectada.

En 1878, Zasulich e a revolucionaria social María Kolenkina planearon asasinar Vladislav Zhelekhovski, un promotor famoso polos seus procesos contra a militancia revolucionaria, e o coronel Teodor Trepov, gobernador de Petrogrado, que era coñecido por proscribir as rebelións polacas en 1830 e 1863. O atentado contra Zhelekhovski resultou infrutuoso, mais Zasulich conseguiu ferir gravemente Trepov. Foi atrapada, mais no seu amplamente difundido proceso, un xurado favorable a ela declarouna inocente.

Trala anulación do proceso, Zasulich viaxou a Suíza, onde contactou con grupos marxistas e colaborou na fundación do Grupo para a Emancipación do Traballo con Georgii Plekhanov e Pavel Akselrod en 1883. O grupo encargou Zasulich a tradución de diversos traballos de Karl Marx ao ruso, o que contribuíu a ampliar a influencia do marxismo entre a intelligentsia rusa ao punto de tornarse fundamental para creación do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR) en 1898. A mediados da década de 1900, os líderes da á radical Julius Martov, Vladimir Lenin e Aleksandr Potresov uníronse a Zasulich, Plekhanov e Akselrod en Suíza. Debido ás tensións entre as dúas ás do Partido, os seis fundaron o xornal revolucionario Iskra, e formaron o seu equipo editorial, que se opuña aos marxistas moderados coñecidos como os economistas e tamén aos ex-marxistas como Sergei Bulgakov e Piotr Struve. Porén, durante o II Congreso do POSDR, o marxismo verificou unha ruptura entre os menxeviques de Julius Martov e bolxeviques de Lenin. Zasulich situouse do lado de Martov, tornándose unha líder do menxevismo. Con todo, o seu interese na política decaeu rapidamente. Regresou á Rusia tras a Revolución de 1905. Alí, apoiou a política de participación da Rusia na primeira guerra mundial e opúxose á Revolución de Outubro dirixida polos bolxeviques. Morreu en Petrogrado en 8 de maio de 1919.

Traxectoria Infancia e mocidade Naceu nunha familia da baixa nobreza rural o no distrito de Gzhatsk, na provincia Smolensk. Foi a cuarta filla do matrimonio formado por Feoktista Mikhailovna e Iván Petrovich Zasulich. A súa nai recibira unha pequena facenda que non soubo xestionar e o seu pai era capitán do exército de ascendencia nobre pero escasos recursos; ambos casaron en 1842. O seu pai deuse ao alcoholismo e pasou longos períodos afastados da familia até a súa morte cando Zasulich contaba con tres anos. Trala morte do pai, a nai enviou tres das súas fillas, incluída Vera, a vivir con familiares; Vera pasou a residir a escasos quilómetros da casa familiar, nunha leira duns tíos onde pasou a maior parte da súa infancia e adolescencia. Non foi un período feliz, como a propia Zasulich reflectiu nas súas memorias. A pesar do seu intenso desagrado pola institutriz da familia dos seus tíos, que tamén a educou a ela, esta inculcoulle un interese pola literatura, o mundo das ideas e as culturas estranxeiras que mantivo toda a súa vida. Tamén aprendeu alemán e francés, que lle foron de grande utilidade durante o seu posterior exilio.

Durante a súa adolescencia adoptou unha maneira peculiar de vestir, indiferente ás aparencias, que se asociaba aos nihilistas e que mantivo durante toda a súa vida. O seu aspecto daba a impresión aos seus achegados de convertela na personificación da loita revolucionaria. Durante a súa infancia desenvolveu ademais unha timidez, reserva e dificultade para o trato superficial que conservou toda a súa vida. Os seus silencios a miúdo interpretáronse máis adiante durante a súa carreira revolucionaria como falta de opinión sobre os asuntos tratados.

En 1866 a súa nai lograra reunir o diñeiro suficiente para enviala xunto cunha das súas irmás a Moscova a recibir a educación necesaria para presentarse aos exames oficiais para institutrices, oficio que Zasulich para entón xa detestaba. En Moscova, ademais da superficial formación oficial, comezou a ler autores revolucionarios e doutras ideoloxías. As dúas irmás entraron en contacto cos círculos revolucionarios moscovitas a través da súa irmá máis vella Ekaterina.

En 1867 graduouse e aprobou o exame para converterse en mestra privada. No outono do ano seguinte, trasladouse á capital coa súa nai, colocándose como axudante dun xuíz de paz mentres continuaba a súa formación de profesora. Na escola de mestres coñeceu o revolucionario Serguei Nechaev, que a presentou a algúns dos seus correlixionarios políticos.

Primeiras actividades subversivas, arrestos e deportacións miniatura|A fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo onde Zasulich pasou un dos seus dous anos de prisión sen cargos en 1870. O seu encarceramento acelerou a súa conversión en revolucionaria. Nechaev partiu ao exilio e utilizou a Zasulich como intermediaria na súa correspondencia con outros revolucionarios; foi arrestada en Moscova xunto coa súa nai e unha das súas irmás o , de volta á capital e encarcerada sen xuízo até maio de 1870. Pasou dous anos en prisión sen ser acusada formalmente. O período de prisión levou a Zasulich a simpatizar cos revolucionarios, vistos por ela como altruístas dedicados a mellorar a instrución e acabar coa pobreza da poboación, e a involucrarse no movemento. Para Zasulich, o seu período en prisión levouna a convencerse da necesidade de acabar coa opresión e a identificar a súa vida nela coa situación xeral de Rusia, que consideraba como unha enorme prisión.

A comezos de 1870, foi trasladada á fortaleza de San Pedro e San Paulo onde pasou outro ano; foi finalmente acusada no xuízo a Nechaev, en marzo de 1871. Absolta, foi liberada inmediatamente. Poucos días despois, foi detida novamente e desterrada á provincia de Tver. Deportada con dous kopeks e o vestido que levaba, sen familia nin coñecidos na cidade, tivo que vivir varios meses da caridade. En xuño de 1871 e grazas á intercesión da súa nai, permitíuselle mudarse á capital provincial, onde residía unha das súas irmás e o seu cuñado. No verán de 1872 foi de novo arrestada acusada de distribuír literatura prohibida a algúns estudantes e exiliada á provincia de Kostromá. En decembro de 1873, foi trasladada a Khárkiv, onde quedou baixo vixilancia policial, o que lle impediu atopar traballo como matrona e volveu sufrir penurias. A finais de 1875, permitíuselle regresar a Penza e máis tarde á capital. Durante a súa estancia de catorce meses no sur de Rusia nesta década, dedicouse a estender a conciencia revolucionaria entre o campesiñado. Durante este período foi cando Zasulich comezou unha relación con Lev Deich que durou até a súa captura e envío a Siberia en 1884. Tamén en 1876 aprobou, aínda que non participou, o brutal intento de asasinato dun dos seus compañeiros revolucionarios, do que se sospeitaba que era un informador da policía, aínda que non se tiñan probas.

O atentado contra Trepov e as súas consecuencias dereita|miniatura|Representación do atentado de Zasulich contra o xeneral Trepov. Trala delación do grupo á policía polo compañeiro torturado, que perdeu a vista e quedou coa cara deformada polo ataque dos seus correlixionarios, o grupo dispersouse e Zasulich trasladouse a San Petersburgo en decembro de 1876 tras pasar por Khárkiv. Na capital uniuse á recentemente creada Zemlia i Volia («Terra e Liberdade»), para a que traballou como tipógrafa. Durante unha das súas periódicas visitas á súa irmá e ao seu cuñado en Penza, decatouse en xullo de 1877 do azoutamento de Aleksei Bogoliubov (pseudónimo de Arjip Iemelianov) nos calabozos de San Petersburgo. A súa reacción á noticia levaríaa á fama internacional. Bogoliubov era un estudante que fora detido en decembro de 1876 por acharse preto dunha manifestación fronte á catedral de Kazán en San Petersburgo, xulgado en xaneiro de 1877, e condenado a quince anos de traballos forzados. Tras apelar a sentenza, achábase nos calabozos de San Petersburgo cando foi azoutado en xullo. O incidente debeuse a que o xeneral Trepov, adicto á disciplina e gobernador da capital naquel momento, entendeu que a actitude de Bogoliubov fora impertinente e ordenou o seu azoutamento como exemplo e escarmento.Foi máis tarde trasladado a outra prisión onde perdeu a razón e acabou morrendo. O castigo fora ilegal segundo as leis rusas.

O atentou contra o xeneral Trepov ao que acusou de maltratar un preso político, foi arrestada e xulgada polo disparo contra o militar. Presentouse ante o gobernador finxindo necesitar un certificado de boa conduta e logrou ferilo na pelve co segundo disparo.

O seu xuízo tivo lugar nun xulgado civil a finais de marzo, tratando o ministro de Xustiza, recentemente criticado por un xuízo político, de evitar as connotacións políticas do atentado de Zasulich e de lograr a súa condena, oprimindo o xuíz encargado do caso. Xulgada por un xurado (algo ilegal para o seu delito), foi absolta trala exaltada defensa do seu avogado, que presentou o seu caso como un intento de xustiza contra a arbitrariedade da administración. Asistiran importantes personalidades, como diversos ministros ou o escritor Fiodor Dostoievski, que utilizou o xuízo como inspiración para certas pasaxes dos Irmáns Karamazov. O seu xuízo supuxo unha derrota para o Goberno, que quedou desacreditado pola represión política.

A súa absolución, con todo, fixo que o Goberno aprobase pouco despois unha disposición pola que os ataques a funcionarios públicos quedaban excluídos dos xuízos con xurado. Os casos máis graves pasaron a depender de consellos de guerra. O seu atentado non só levou cambios na forma de xulgar os casos de subversión e unha humillación para o Goberno, senón que supuxo o comezo da campaña de terrorismo contra a administración autocrática tsarista, fundándose en 1879 o principal partido terrorista ruso, Naradnaya Volia («Vontade Popular»).

Ao día seguinte da súa absolución a policía acudiu a detela novamente, pero partira ao exilio, despois de varias semanas na clandestinidade nas que cambiou constantemente de residencia. A finais de maio, abandonou Rusia para instalarse en Suíza acompañada dun veterano revolucionario. Cinco días máis tarde e grazas á axuda de certos membros de Zemlia i Volia, alcanzou Suíza. Modesta e tímida, comezou por entón o seu costume de pasar tempadas en soidade no campo, que mantivo o resto da súa vida. Oposta cada vez máis ao terrorismo, regresou a Rusia clandestinamente a finais do verán de 1879 e pouco despois Zemlia i Volia disolveuse polas disensións internas relativas a este.

Durante estes primeiros tempos, Zasulich pertencía ao grupo da Repartición Negra, un dos grupos políticos xurdidos de Zemlia i Volia, minoritario fronte a Naradnaya Volia, pero que contaba con destacados revolucionarios que máis tarde se converterían en socialdemócratas (Plekhanov, Axelrod...). Este grupo opúñase aos seus antigos compañeiros que optaran por centrarse no terrorismo como método para acabar coa autocracia do tsar e seguían defendendo como alternativa a axitación do campesiñado. O seu exilio xunto co de destacados membros do grupo debilitou aínda máis a organización no país. Non regresou a Rusia até a amnistía de 1905, aínda que realizou dúas viaxes clandestinas ao país, unha en 1879 e outra en 1899 .

Exilio e o Grupo para a Emancipación do Traballo