Marie Anne Victoire Pigeon d'Osangis, nada en París en 1724 e finada en Berlín en 1767, foi unha matemática e escritora francesa, coñecida como madame de Prémontval despois do seu matrimonio.
Traxectoria Era a filla do científico Jean Pigeon e dende nova tivo predisposición para as ciencias. Comezou entón a recibir leccións do matemático Pierre Le Guay de Prémontval, que fora alumno do seu pai. En 1744 fuxiu co seu profesor a Suíza, onde casaron, e despois a Berlín.
En 1752, foi nomeada profesora da princesa Guillermina de Hesse-Kassel.
Aparece mencionada xunto co seu marido en Jacques le Fataliste, de Denis Diderot.J. Assézat, Œuvres complètes de Diderot. París, Garnier, 1875. Vol. 6, p. 70. Segundo J. Assezat, ela foi a que provocou a dedicación de Mémoires sur différents sujets de mathématiques, do mesmo Diderot.J. Assézat, Œuvres complètes de Diderot. París, Garnier, 1875. Vol. 9, p. 77.
Obra Le méchaniste (sic) philosophe ou Mémoire contenant plusieurs particularités de la vie et des ouvrages du sieur Jean Pigeon [son père], La Haye, 1750.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Assézat, Œuvres complètes de Diderot. París, Garnier, 1875. Vol. 9, p. 77.
, tomo 36, p. 47.
Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1724 Categoría:Finados en 1767