Alfredo Rebollar Martínez, nado cara a 1898 e finado en Serantes (Ferrol) o 30 de xullo de 1995 foi un político galego.

Traxectoria Aprobou os exames de maquinista da Armada en 1917.Galicia Pintoresca, 20-1-1918, p. 2. Militou nas Irmandades da Fala e durante a Segunda República Española afiliouse a Izquierda Republicana. Participou no mitin de Mera en novembro de 1935 que abriu a campaña electoral do Partido Galeguista, xunto con Castelao, Vilar Ponte e Suárez Picallo. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ortigueira en marzo.El Ideal Gallego, 14-3-1936, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de xullo por Lobo Navascués, tenente da Garda Civil, e encarcerado. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 9-9-1943, p. 4097-4098. Detido o 9 de outubro de 1942, foi procesado en Ferrol por "excitación á rebelión" na causa 285/42 con Ángel Valcárcel Piñeiro, Manuel Alcántara Fernández, Antonio Bouzas Costa, Ángel Caruncho Leira, Alberto Fernández Gómez, Rosa Fernández Vidal, José García Filgueira, Felipe Gregorio Cambón, Manuel López Roibás, Rafael Losada Fernández, Genaro Rey López, Manuel Torres Sas e José Varela Cachaza, e condenado a seis anos. Cumpriu condena na Prisión Militar do Castelo de San Filipe de Ferrol, de onde saíu en liberdade condicional en abril de 1945.BOE, 19-5-1945, p. 3192. Finou en Serantes o 30 de xullo de 1995 con 97 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-8-1995, p. 35.

Vida persoal Era irmán de Carmen Rebollar Martínez, quen casou en 1929 con Victoriano Taibo. Casou con Isabel Romero Leira e foi pai de Alfredo Rebollar Romero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Ortigueira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1898

Categoría:Finados en 1995