Reimei, coñecido antes do lanzamento como INDEX (Innovative Technology Demonstration Experiment) foi un satélite artificial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 23 de agosto de 2005 mediante un foguete Dnepr desde o cosmódromo de Baikonur
Características O obxectivo de Reimei foi probar novas tecnoloxías no espazo, como un xiroscopio de fibra óptica para mellorar o control de actitude dos satélites, paneis solares máis eficientes e unha batería de ións de litio e manganeso. Adicionalmente levaba instrumentos para medir a enerxía dos ións e electróns que causan as auroras polares.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dnepr
Categoría:Satélites artificiais