Milk Music é unha banda de punk rock estadounidense procdente de Olympia, Washington. O grupo está formado por Alex Coxen (voces, guitarra) Joe Rutter (batería), Charles Waring (guitarra) e Dave Harris (baixo).

Historia O primeiro lanzamento da banda foi unha cinta demo autoeditada, da cal só se fixeron 500 copias. O casete foi publicado independentemente en 2009. A este seguíronlle en 2010 o EP Beyond Living, editado en parte independentemente e en parte por Perrenial Records; en 2011 o sinxelo compartido "Violence Now" editado en flexi-disc por Perrenial e que contaba co tema "White Light" de Carrie Keith (do grupo Gun Outfit) como cara b; e en 2012 o casete Almost Live que contaba cunha actuación de Brian Turner na radio WFMU, editado independentemente. O primeiro álbum do grupo, Cruise Your Illusion, publicouse o 12 de abril de 2013.

Na primavera de 2013 Milk Music xirou por Norteamérica con Merchandise e Destruction Unit. A banda tamén actuou no Pitchfork Music Festival e no Primavera Sound no ano 2012.

Discografía Álbum Ano Selo Cruise Your Illusion 2013 Fat Possum Records Mystic 100's 2017 Dom America

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Olympia, Washington Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2008