Álvar Enciso Fernández Valderrama, nado o 27 de febreiro de 1974 en Valladolid, é un ex xogador de rugby, internacional 70 veces coa selección española entre 1993 e 2006. Xogaba na posición de centro. Traxectoria Álvar Enciso foi un xogador dun só club. Formado na canteira do Club de Rugby El Salvador dende os 10 anos, botou toda a súa carreira no equipo até a súa retirada en 2007, acadando catro títulos de liga e cinco títulos de copa entre outros trofeos. Durante oito anos foi o capitán do El Salvador. Debutou na selección con 18 anos de idade e en 1999 participou no único mundial que xogou España. Foi internacional absoluto 70 veces entre 1993 e 2006, e tamén xogou na selección de rugby a sete entre 1995 e 2001.

Datos persoais Fillo da atleta Pilar Fernández Valderrama, practicou atletismo na súa infancia. É arquitecto de profesión e ten catro fillos. Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Álvar Enciso en H de Blog Álvar Enciso en ESPN Entrevista a Álvar Enciso Artigo sobre Álvar Enciso en Tornarugby Outros artigos

Enciso Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1974