Earth é unha banda estadounidense de drone metal procedente de Olympia, Washington. Formouse en 1989 e está liderada polo guitarrista Dylan Carlson. A música de Earth é case toda instrumental, e pode dividirse en dúas etapas distintas. Os seus primeiros traballos caracterízanse por distorsións, zunidos, minimalismo e estruturas longas e repetitivas das cancións. Nos seus traballos posteriores reducen a distorsión mentres incorporan elementos de country, jazz rock e folk. Earth é recoñecida como unha das pioneiras do drone metal, sendo o seu álbum Earth 2 considerado un fito do xénero.

Discografía Álbum Ano Selo Earth 2: Special Low-Frequency Version 1993 Sub Pop Phase 3: Thrones and Dominions 1995 Sub Pop Pentastar: In the Style of Demons 1996 Sub Pop Hex; Or Printing in the Infernal Method 2005 Southern Lord The Bees Made Honey in the Lion's Skull 2008 Southern Lord Angels of Darkness, Demons of Light I 2011 Southern Lord Angels of Darkness, Demons of Light II 2012 Southern Lord Primitive and Deadly 2014 Southern Lord Full Upon Her Burning Lips 2019 Sargent House

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Olympia, Washington Categoría:Grupos musicais de drone metal Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais de stoner metal Categoría:Grupos musicais de rock instrumental Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1989