miniatura|Partitura de Missa brevis, de Gaspar van Weerbekestart Gaspar van Weerbeke, nado arredor de 1445 na diocese belga de Tournai e finado despois de 1516, foi un compositor de música dos Países Baixos borgoñóns da época do Renacemento pertencente á escola francoflamenga. Da mesma xeración que Josquin des Prés, foi, con todo, único pola súa forma de combinar o estilo italiano da época co da escola de borgoña de autores como Guillaume Dufay."Gaspar van Weerbeke". En Musopen.org

Traxectoria A carreira italiana deste crego da rexión de Tournai (clerico tornacense) comezou, a máis tardar, no inverno de 1471 a 1472, cando chegou á corte dos Sforza en Milán.

Moitos elementos da vida de Gaspar van Weerbeke son hoxe descoñecidos, comezando pola súa data e o lugar de nacemento exactos. Sábese que foi fillo de solteira nalgún lugar da diocese de Tournai, xa que logo no Condado de Flandres, e que fixo os seus estudos nos antigos Países Baixos, probablemente no seo da igrexa de San Walburgo de Oudenaarde.

Malia coñecermos pouco sobre as dúas primeiras décadas da súa vida, suponse que foi alumno de Ockeghem. Demostrouse, con base en criterios estilísticos, que el coñecía a Dufay e outros autores relacionados con el, como Johannes Regis, na corte borgoñoa de Carlos o Temerario.

En 1471 marchou a Milán, onde se converteu en membro do coro da capela dos Sforza, e alí tomou contacto con compositores como Johannes Martini e Alexander Agricola. miniatura|Retreto de Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán, en cuxa corte traballou Gaspar van Weerbeke O seu nome aparece mencionado por primeira vez nos rexistros da corte o 29 de abril de 1472, cando o duque Galeazzo Maria Sforza o mandou de volta a Flandres e a Borgoña para atopar novos cantantes. Documéntase tamén unha segunda viaxe coa mesma finalidade, con moito éxito, en xaneiro de 1473. A raíz dela, o número de cantantes no coro dobrouse co ingreso de vinte novos membros, e o duque pasou a ter unha das capelas musicais máis importantes de Italia e mesmo de Europa. Os rexistros do coro do 15 de xullo de 1474 dan conta dun equipo formado por 18 cantantes de cámara, baixo a dirección de Van Weerbeke como viceabade, e 22 cantantes de capela, dirixidos polo abade Antonio Guinati. Entre os cantantes estaban Loyset Compère e Johannes Martini. Ocupando unha posición de confianza e con moita estima, Van Weerbeke recibiu moitos beneficios do duque, entre eles, en 1473, unha pensión de 40 ducados. miniatura|Retrato do papa Sixto IV, en cuxo coro pontificio estivo integrado Gaspar van Weerbeke Con todo, o asasinato do duque de Milán, que tivo lugar o 26 de decembro de 1476, marcou a fin deste próspero período e a maioría dos cantantes acabou dispersándose; moitos deles atoparon un emprego en Ferrara. Van Weerbeke permaneceu catro anos en Milán, ata que no inverno de 1480 a 1481 se trasladou a Roma, onde se integrou no coro pontificio, durante os pontificados de Sisto IV e de Inocencio VIII. O 19 de maio de 1483, do mesmo xeito que outros cantantes pontificios, Van Weerbeke afiliouse á Confraría Romana do Santo Espírito e de Santa María, de Saxonia. En Roma, foi compañeiro de Josquin des Prés e de Marbrianus de Orto, a quen probablemente coñecese dos tempos de estudante, antes de partir para Italia.

Volveu a Milán en 1489, para entrar ao servizo de Ludovico Sforza o Mouro. Sete meses máis tarde foi recibido con todos os honores na súa cidade natal de Oudenaarde, como mestre de capela do duque de Milán. Durante a década seguinte, Weerbeke traballou para diversas cortes, como a de Filipe o Fermoso e, probablemente, a dos Medici en Florencia. Noutra viaxe, realizada na primavera de 1493, volveu a Florencia para contratar cantantes, sen dúbida para a corte dos Sforza, en Milán. Durante este segundo período na corte milanesa, Van Weerbeke recibiu novos beneficios nas dioceses de Utrecht e de Thérouanne.

Ata 1495, a vida de Van Weerbeke caracterizouse polas duradeiras relacións co coro da corte de Filipe o Fermoso, arquiduque de Austria e duque de Borgoña. Entre ese ano e 1498, foi tamén cóengo na igrexa de San Donaciano de Bruxas. É probable que fose durante este período cando entrou en contacto co ambiente musical francés e con Guillaume Dubois, a quen menciona Van Weerbeke no seu lamento pola morte de Ockeghem, de 1497.

Con todo, parece que nunca abandonou totalmente a súa relación coa corte milanesa. Cara á fin do período que pasou ao servizo de Filipe o Fermoso, recrutou novos cantantes para o ducado de Milán.

Van Weerbeke volveu a Roma, onde aparece documentado nos rexistros pontificios como cantante de 1500 a 1509.

Naquel tempo, uniuse á Confraría do Cemiterio Alemán e Neerlandés (Fraternità del Campo Santo di Teuctoni e dei Fiamminghi) en Roma, quizais co fin de reservar un lugar de enterramento a carón da basílica de San Pedro, pero como o seu nome non aparece nos rexistros de falecementos desta confraría suponse que morreu lonxe de Roma. Dos derradeiros anos da súa vida non hai apenas datos; a última proba da súa existencia suxire que volveu á súa rexión natal, xa que en 1515 aparece como clasificado en segundo lugar na orde de sucesión nas dioceses de Cambrai e Tournai polo papa León X, que lle deu un beneficio de 200 ducaods de ouro ao ano como recompensa por servizos prestados como chantre e capelán no coro pontificio. E hai tamén un documento de 1517 que testemuña que ocupou un posto de cóengo na igrexa de Sainte-Marie-aux Marchas en Maguncia, en 1517.

Obra Weerbeke combinou o estilo italiano con algunhas das antigas técnicas da escola de Borgoña. El era o único da escola francoflamenga que fuxía do estilo polifónico suave e imitativo que se desenvolvía nese momento, cuxo máximo representante era Josquin des Prés.

Compuxo música sacra (misas, motetes, ciclos de motetes, magníficats e unha serie de lamentacións) e tamén algunhas cancións profanas, aínda que a maioría da súa obra é música sacra vocal. A atribución das cancións ten certa controversia, xa que algúns estudosos sosteñen que foron compostas por outros compositores, como Josquin des Prés ou Jean Japart.Rodin Jesse. Josquin´s Rome. Hearing and Composing in the Sistine Chapel. Parte II. "Gaspar van Eerbeke" Páxina 134.

No relativo ao estilo, gran parte dos seus motetes son homofónicos e incorporan algo da lixeireza da música profana italiana da época. A maior parte das súas misas están baseadas en melodías de cancións, o que se aprecia claramente na voz do tenor, e o resto das voces adoitan moverse dun xeito simple, ocasionalmente paralelas, á maneira de Dufay e os demais compositores borgoñóns. Ás veces, Weerbeke usa a imitación pero nunca como o fai Josquin des Prés nin os derradeiros compositores francoflamengos. O seu estilo de composición das misas é case arcaico, en comparación cos seus coetáneos.

A súa música era moi apreciada, sobre todo en Italia, onde representaba a estética popular en oposición á contrapuntística

Listaxe de obras Todas a catro voces, agás que se indique doutro xeito.The Gaspar Van Weerbeke Edition. Full List of Gaspar Repertory (listaxe completa do repertorio de Gaspar). Misas e movementos de misas Missa Gaspar Missa Ave regina cælorum (1507) Missa brevis Missa Et trop penser Missa N'as tu pas Missa octavi toni Missa O Venus bant Missa Princesse de amourettes Missa Se mieulx ne vient Credo Credo cardinale Missa Une mousse de Biscaye (atribución dubidosa) Ciclos de motetes relixiosos Ave mundi domina Ave mater gloriosa Salve virgo virginum Anima mea liquefacta est Ave regina cælorum, ave Quem terra pontus æthera O virginum præclara Fit porta Christi -- Quam pulchra es Alma redemptoris mater Salve virgo salutata O pulcherrima mulierum Ave regina cælorum, mater O María clausus hortus Mater patris filia mulierum Tota pulchra es anima mea -- Spiritus Domini replevit orbem Veni, Sancte Spiritus Beata gens cuius est Dominus Confirma hoc Deus; Loquebantur variis linguis Factus est repente de cælo Outros motetes relixiosos Adonai sanctissime Domine Deus Anima Christi, sanctifica me Ave domina sancta Maria Ave mater omnium Ave regina cælorum Ave stella matutina Ave verum corpus Christi mater, ave sanctissima Dulcis amica Dei digna / Da pacem Domine (a cinco voces) Ibo mihi ad montem mirrhe Mater digna Dei O beate Sebastiane O pulcherrima mulierum Panis angelicus Salve sancta parens Stabat mater dolorosa / Vidi speciosam (a cinco voces) Tenebræ factæ sunt Verbum caro factum est Vidi speciosam sicut columbam Virgo Maria, non est tibi similis Ave panis angelorum O inextimabilis / Ave nostra salus Outras obras sagradas Magnificat octavi toni Lamentationes et orationes Jeremiæ Sancti Spiritus adsit nobis gratia Obras profanas Bon temps / Adieu mes amours Que fait le cocu au bois Vray Dieu quel paine esse La stangetta O Venus bant (a tres voces) Plaine ennuy / Anima mea Sans regretz veul entretenir / Allez regretz (a tres voces)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bonda, Jan Willem. De meerstemmige Nederlandse liederen van de vijftiende en zestiende eeuw, Hilversum, Verloren, 1996. Páxinas 38, 87-88; 540, 586. Croll, Gerhard e Andrea Lindmayr-Brandl. "Weerbeke [Werbeke, Werbeck], Gaspar [Jaspar, Gaspart] van]". En Grove, George & Tyrrell, John. The new Grove Dictionary of Music and Musicians. Volume 27, Grove, 2001. D’Accone, Frank A. , Josquin des Prez, Nova York, 1971. Páxinas 601-618. Fiedler, Eric F. , Kassel, Ed. A. Laubenthal et K. Kusan-Windweh, 1995. Páxinas 72-88. Fiedler, Eric F. . Tutzing, 1997. Fiedler, Eric F. Heinrich Finck, Gaspar van Weerbeke und die Göttin Venus: Beitrag zur Cantus-firmus-Praxis im frühen 16. Jahrhundert, Renaissance-Studien, Helmuth Osthoff zum 80. Geburtstag, Tutzing, Éd. L. Finscher, 1979). pp. 29–55. Kämpfer, Dietrich. , Ars musica, musica scientia, Festschrift Heinrich Hüschen, Colonia. Ed. D. Altenburg, 1980). Páxinas 277-288. Lindmayr, Andrea. , Laaber. Ed. W. Gratzer e A. Lindmayr, 1992. Páxinas 51-64. Lindmayr, Andrea. «», MD, XLVI (1992). Páxinas 105-131. Macey, Patrick. , EMH, XV (1996). Páxinas 147-212.

Ligazóns externas Partituras de Gaspar van Weerbeke en Choral Public Domain Library. Sitio web de The Gaspar van Weerbeke Project. Ave, Stella Matutina 4, motete de Gaspar van Weerbeke, interpretado polo conxunto de música antiga Odhecaton e dirixida por Paolo Da Col. La Stangetta, composición de Gaspar van Weerbeke interpretada polo conxunto de música antiga Capilla Flamenca. Virgo Maria, composición interpretada no órgano por Liuwe Tamminga.

Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Compositores de Bélxica Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados no século XVI