miniatura|Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela A filoloxía galega é a rama da filoloxía que se ocupa do estudo da lingua galega. Esta titulación fornece un ensino literario e lingüístico relacionada co contexto galego. Impártese en Galiza (Na Universidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo). Ademais existe oferta de lingua galega, minors e graos de estudos galegos en universidades de ámbito estatal e internacional. Está moi relacionada coa filoloxía portuguesa.

Ensino en Galiza Ata a década dos anos 1980, os estudos de filoloxía galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a filoloxía galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías estaban centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.

A distribución das diferentes Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte: Universidade de Santiago de Compostela Campus de Santiago Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica, italiana e clásica Campus de Lugo Filoloxía hispánicaLingua e Literaura Españolas Universidade da Coruña Campus da Coruña Filoloxía galega, hispánica e inglesaFiloloxía galega, hispánica e inglesa Campus de Ferrol non hai filoloxías Universidade de Vigo Campus de Vigo Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación) Campus de Pontevedra non hai filoloxías Campus de Ourense non hai filoloxías

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filoloxía catalá

Categoría:Filoloxía galega Categoría:Lingua galega