Fonte do Araño é unha canción de Emilio Cao, publicada orixinalmente en 1977, que pertence ao albúm homónimo. Nun principio Emilio Cao, Bernardo Martínez e Xoan Piñón gravaron a maqueta nun magnetófono de bobina aberta en Foz; para a versión final do disco, nun estudio de gravación en Madrid, uníronse Xosé V. Ferreirós e Antón Seoane.
Letra A letra na súa versión orixinal consta de dez versos e fai referencia ao Araño unha parroquia de Rianxo á que cruza o río Te onde Emilio Cao pasou temporadas na súa nenez.
Versións En 2016, a banda de indie pop galega Eladio y los seres queridos incluíu unha versión de Fonte do Araño no seu disco Cantares.15px Luar na Lubre, en 2016, coa colaboración de Ismael Serrano, a Coral de Ruada e Nani García, gravou unha versión de Fonte do Araño para o seu traballo recompilatorio XXX aniversario. Selección especial de temas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lenda da pedra do destiño (1979), segundo disco de Emilio Cao.
Categoría:Cancións en lingua galega Categoría:Cancións de artistas de Galicia