Jaime Nava de Olano, nado o 1 de maio de 1983 en Madrid, é un xogador de rugby retirado, foi o capitán do selección española coa que ten disputado 79 encontros. As súas posicións no campo son as de centro e número oito. Traxectoria Formado nas categorías inferiores do M.A.R.U., na súa tempada de debut no primeiro equipo (2001/02) o club gañou o seu único título de liga, e Jaime debutou coa selección absoluta. Trala seguinte tempada o M.A.R.U. desapareceu por razóns económicas e foi refundado como Club Alcobendas Rugby. Jaime seguiu en Alcobendas até o 2008, ano no cal fixo probas en Inglaterra para pasarse ó rugby profesional. Finalmente fichou polo C.R. El Salvador de Valladolid no que tan só botou unha tempada (2008/09). Ó ano seguinte marchou a Inglaterra para xogar un ano (2009/10) no Plymouth Albion R.F.C., pero unha lesión fixo que rematase a tempada novamente en Alcobendas. A seguinte tempada foi a segunda no C.R. El Salvador, xusto antes de comezar a súa carreira deportiva por terras francesas. Na tempada 2011/12 xogou no C.A. Saint Etienne, as dúas seguintes no U.S. Bressanne, outra no C.A. Périgueux, e de 2015 a 2017 defendeu as cores do Stade Dijonnais. Despois en 2017 fichou polo C. Alcobendas R. ata 2019 onde se retirou do rugby profesional. De 2019 a 2022 xogou no C.R. Alcalá, ata que fichou de novo polo C. Alcobendas R. onde se retirou definitivamente. En 2015 comezou a ser o capitán da selección española. Con 79 encontros internacionais, é o segundo xogador que máis veces defendeu as cores da selección absoluta.
Véxase tamén Ligazóns externas Jaime Nava en ItsRugby Jaime Nava no Stade Dijonnais Ser capitán genera mucha responsabilidad
Nava Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Madrid