A Neomonachus tropicalis, antigamente Monachus tropicalis, é unha especie extinta da superfamilia dos pinnípedes que era nativa do mar Caribe. Os principais predadores das Neomonachus tropicalis eran os tiburóns e os humanos. A caza das focas polo seu aceite e a sobrepesca das súas fontes de alimento foron as principais razóns da súa extinción. O derradeiro avistamento confirmado da especie foi en 1952 en Serranilla Bank, entre Xamaica e Nicaragua. No ano 2008, a especie foi declarada oficialmente extinta despois dunha exhaustiva busca que durou máis de cincuenta anos. Esta análise foi dirixida pola Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e polo Servizo Nacional de Pesca Mariña. A especie estaba estreitamente relacionada coa foca monxe hawaiana, que vive no arquipélago de Hawai e está ameazada, e coa foca monxe mediterránea, outra especie ameazada.
Notas
Categoría:Pinnípedes Categoría:Animais descritos en 1850