250px|miniatura|right|Barrios de L'Hospitalet 250px|miniatura|Parque de Can Boixeres Can Serra é un barrio da cidade de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito V xunto co limítrofe barrio de Pubilla Cases.
Xeografía e características Limita ao norte co concello de Esplugues de Llobregat e o barrio de Pubilla Cases, ao oeste co barrio de Sanfeliu, ao sur co barrio do Centre e ao leste co barrio de La Florida. É unha das zonas da cidade de maior altitude sobre o nivel do mar.
A vida cidadá aglutínase arredor da Plaça de la Carpa, do mercado e da Casa de la Reconciliació, parroquia do barrio onde se desenvolven unha gran parte das actividades das entidades do barrio. Tamén hai espazos verdes como os xardíns de Antonio Machado, o parque metropolitano de Les Planes ou o parque de Can Boixeres.
Transporte público Está comunicado co resto da cidade grazas á rede de autobuses. Ademais hai unha estación da liña 1 do metro de Barcelona chamada Can Serra, e a estación de L'Hospitalet de Llobregat de Adif.
Véxase tamén
Categoría:Barrios de L'Hospitalet de Llobregat