Os guaranís son un pobo indíxena de América do Sur. Distínguense do pobo relacionado tupí polo emprego da lingua guaraní. A distribución tradicional do pobo guaraní é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia. Malia o seu dominio demográfico da rexión, foi reducido pola colonización europea e o crecemento do número de mestizos, pero aínda existe unha importante poboación nesas áreas. Ademais, a lingua guaraní aínda é amplamente falada nas terras tradicionais guaranís, e é unha das dúas linguas oficiais de Paraguai, sendo a outra o castelán.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bandeira dos guaranís Ligazóns externas http://www.unavenirpourlesguaranis.org – Campaign for the Guarani, French NGOs Guarani Survival Fund – Fund opened by the British NGO Survival International in support of the Guarani Guarani, The Language of the People

Categoría:Pobos indíxenas de Bolivia Categoría:Pobos indíxenas do Brasil Categoría:Pobos indíxenas de Paraguai Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina