Antonio Rivera Losada, nado en Mera de Abaixo (Ortigueira) en 1920 e finado en Ortigueira o 16 de marzo de 2002,La Voz de Galicia, 17-3-2002, p. L14. foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Rivera López, un tratante de gando, e dunha mestra de escola, os seus pais foron represaliados logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o pai estivo fuxido e despois estivo na cadea, e a nai foi suspendida de emprego e soldo e foi trasladada. Iniciou a carreira de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en 1947 marchou a Madrid, onde entrou nos círculos intelectuais e comezou a frecuentar os parladoiros do Café Gijón, onde coñeceu a Camilo José Cela, de quen foi secretario durante un tempo. Colaborou en periódicos de Madrid e en La Voz de Ortigueira, gañou o Premio Nacional de Xornalismo en 1954. Marchou ao Brasil en 1957, desde onde colaborou en La Voz de Galicia. Volveu a Galicia, impartiu clases particulares e foi guionista de radio."Rivera Losada, el primer secretario de Cela", La Voz de Galicia, 31-12-1989, p. 86.
Obras Las montañas de la niebla.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Antonio Rivera Losada. "A miña vida foi como a carabina de Ambrosio"
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Xornalistas de Ortigueira Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2002