Giovanni Giuseppe Gilberto "Nanni" Galli, nado en Boloña o 2 de outubro de 1940 é un expiloto italiano de coches deportivos, turismos e Fórmula 1 da década de 1960 e 1970.

miniatura|300px|Galli pilotando un Alfa Romeo 33.3 en Nürburgring en 1971

Galli gañou a carreira do Circuíto de Mugello en 1968 e foi segundo na Targa Florio (con Ignazio Giunti). Nas 24 Horas de Le Mans de 1968, finalizou 4º nun Alfa Romeo T33/2. O seguinte ano en Le Mans, terminou 7º co Matra. En 1970, ambos Alfa Romeo T33/3 non terminaron.

En participou brevemente na Fórmula Un, debutando no Gran Premio de Italia de 1970 con McLaren - Alfa, e participou en varias carreiras os seguintes tres anos, terminou 3º na carreira fóra de campionato en Vallelunga en 1972 co pequeno equipo Tecno.

A súa grande oportunidade no tempo foi ese ano cando piltou un Ferrari no Gran Premio de Francia de 1972 no Circuíto de Charade preto de Clermont-Ferrand pero non impresionou, terminando soamente no 13º lugar. Logo de media ducia de saídas con Frank Williams Racing Cars o ano seguinte, anunciou a súa retirada.

Galli participou en 20 Grandes Premios do campionato mundial de fórmula 1, non logrou puntos de campionato.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7D Alfa Romeo V8 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITANSC CAN USA MEX NC 0 STP March March 711 Alfa Romeo V8 RSA ESP MONNSC NEDRet ALE12 AUT12 NC 0 Cosworth V8 FRANTS GBR11 ITARet CAN16 USARet Martini Racing Team Tecno PA123 Tecno12 en liña ARX RSA ESP MON BELRet GBRRet ALE AUTNC ITARet CAN USA NC 0 Scuderia Ferrari Ferrari 312B Ferrari12 en liña FRA13 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro FX3B Cosworth V8 ARXRet BRA9 RSA NC 0 Iso-Marlboro IR ESP11 BELRet MONRet SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de March Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tecno Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans