Luís Cereijo León, nado en Ferrol o 15 de maio de 1880 e finado na mesma cidade o 7 de xuño de 1968,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-6-1968, p. 20. foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria Mestre. Dirixiu o semanario El Cruzado de Ferrol (1910-1911). Foi mestre en Boiro e despois en Sada dende 1928. En Sada promoveu en 1933 a edición da revista semanal Galicia co seu fillo Luís Cereijo Mosquera. En 1934 pasou a rexentar a escola número 2 do Hospicio de Ferrol.El Pueblo Gallego, 1-11-1934, p. 13. Colaborou en Diario de Galicia, La Voz de Galicia e La Escuela Parroquial. Finou en Ferrol con 88 anos.
Recoñecementos Foi premiado pola Mutualidad Nacional de Enseñanza Primaria.
Vida persoal Casou con Juana Mosquera Pita, que finou o 16 de febreiro de 1945.Escuela Española, 201, 22-3-1945, p. 178.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes