Event Horizon é un filme británico-estadounidense de terror e ciencia ficción dirixido por Paul W. S. Anderson que se estreou en 1997. O guión foi escrito por Philip Eisner, e re-escrito sen acreditar por Andrew Kevin Walker. Está protagonizado por Laurence Fishburne e Sam Neill. Ambientado no ano 2047, o filme segue a un grupo de astronautas enviados nunha misión de rescate á nave Event Horizon, que apareceu de súpeto no órbita de Neptuno logo de sete anos desaparecida. Mentres buscan algún sinal de vida na nave, o grupo de rescate descobre que a Event Horizon conta cun motor experimental que abriu unha fenda no continuo espazo tempo, permitindo a entrada dunha entidade hostil a bordo.

Event Horizon tivo un produción dificultosa, cunha gravación e edición apreurada por parte de Paramount para asegurar que a data de estrea prevista non coincidise con Titanic. O corte orixinal de 130 minutos foi duramente editado por orde do estudio, para a consternación do director Paul W.S. Anderson. Na súa estrea, foi un fracaso comercial e da crítica, recadando só $26,7 millóns sobre un orzamento de $60 millóns. A crítica comparou o filme de xeito pouco favorable con Alien, Hellraiser, The Black Hole, Solaris, Star Trek, Stargate, Fantastic Voyage, The Andromeda Strain, The Shining e 2001: Unha odisea do espazo.

Malia o fracaso na gran pantalla, o filme comezou a venderse ben en vídeo; a súa estrea en DVD foi tan ben que a Paramount contactou con Anderson pouco despois para comezar a traballar na restauración do material eliminado. Porén, descubriuse que o material estaba perdido ou destruído. Co paso dos anos, foise convertendo nun filme de culto, e é un referente noutras obras da cultura popular.Event Horizon: From Doomed Ship to Cult Gem Den of Geek. Consultado o 2 de febreiro de 2017.

Personaxes Laurence Fishburne como Capitán Miller Sam Neill como Doutor William Weir Joely Richardson como Tenente Starck Jason Isaacs como D.J. Sean Pertwee como Smith Richard T. Jones como Cooper Kathleen Quinlan como Peters Jack Noseworthy como Enxeñeiro Justin Noah Huntley como Edmund Corrick Peter Marinker como Capitán John Kilpack Holley Chant como Claire Weir Barclay Wright como Denny Peters Robert Jezek como Técnico de rescate

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Paul W. S. Anderson Categoría:Filmes sobre buratos de verme Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en 2047