Os Chicago Cubs son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Chicago, Illinois. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Central da National League (NL). O equipo xoga os seus partidos como local en Wrigley Field, campo situado ao norte da cidade. Os Cubs son un dos dous equipos das Grandes Ligas da cidade, o outro, os Chicago White Sox compiten na Divisón Central da American League (AL). O equipo, primeiro coñecido co nome de White Stockings, foi un dos membros fundadores da National League en 1876, adoptando o seu actual nome en 1903.
Os Cubs disputaron un total de once Series Mundiais na súa historia. A súa primeira aparición foi en 1906, cando o equipo conseguiu gañar 116 xogos (116–36). Este récord supón a mellor porcentaxe de vitorias (76,3 %) da rera moderna das grandes ligas. A pesar de todo, perderon nas Series Mundiais ante os Chicago White Sox ("The Hitless Wonders") por catro xogos a dous. Nas dúas seguintes temporadas, 1907 e 1908, o equipo consegue gañar dous campionatos consecutivos, sendo o primeiro equipo en conseuir disputar as Series Mundiais tres veces consecutivas. Porén, o equipo non consegue gañar o campionato de novo até 108 anos despois, cando conseguiron vencer nas Series Mundiais de 2016 aos Cleveland Indians. Esta serie de 108 anos sen gañar o campionato foi a máis longa de historia no deporte profesional estadounidense.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da MLB