Santa Mariña do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 107 habitantes (54 mulleres e 53 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres. No de 2016 tiña 77 habitantes, 42 mulleres e 35 homes, segundo o INE.
Toponimia O topónimo fai referencia a unha santa, en latín . Castro, do latín : fortaleza.
Patrimonio
A igrexa, situada no lugar de Santa Mariña, data do século XVIII
O castro que dá nome á parroquia está alterado pola labra con maquinaria agrícola. Presenta unha chaira interior dedicada á pasteiro e zona de cultivo agrícola totalmente amurada ó redor. Na parte N pódese apreciar un muro cunha profundidade duns 2 m no que se ven claramente os contrafortes.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Santa Mariña do Castro
Parroquias de Carballedo
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carballedo
Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía