O gato siamés (en ) é unha raza de gato orixinaria de Tailandia (antigamente coñecida como Siam). Caracterízase por ter un corpo elegante e esvelto e unha testa marcadamente triangular. Pode ser confundido coa raza de gatos tai, que ten orixe na raza siamesa mais presenta unha morfoloxía ben distinta. Son aconsellables para familias, e non precisa moitos coidados do seu pelo.
Orixe A orixe da raza está no sueste asiático, máis especificamente en Siam (Tailandia),Encyclopaedia Britannica, verbete Siamese (breed of cat). onde eran tidos como o gato da realezaAbout siamese cats e mantidos en templos sagrados. Son coñecidos nese país, onde é unha das razas nativas, como Wichien-Maat ou Maas (วิเชียรมาศ, "Diamante-Lúa"). Foron levados a Inglaterra en 1884, dende onde se espallaron para outras partes do mundo.
No ano 2007, unha variedade dos gatos siameses coñecida popularmente como Old Style ou Tradicional foi finalmente recoñecida como unha nova raza á parte, a de gatos thai. Os siameses comparten con esa raza a coloración ámbar e castaña, alén dos ollos azuis, pero diferéncianse xenética e morfoloxicamente con varias diferenzas que os volven híbridos individuais. Os gatos siameses existen dende 1330, data na que aparecen mencionados nun manuscrito de Siam.miniatura|Gato siamés.|centro Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Siamese and Oriental Database pedigree data base with each cat's health information Siamese and Oriental PRA health program
Categoría:Razas de gatos