Benito Colín Veiga, nado en Foz cara a 1883 e finado en Lugo o 10 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.

Traxectoria Xastre. Retornado da emigración en Cuba nos anos vinte, abriu unha xastrería na Praza do Lugar. Foi un dos fundadores da UGT de Cervo. Militante de Unión Republicana da que era tesoureiro do Comité local de Cervo en 1936. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Cervo en maio. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo 10 de decembro de 1936 con José María Correa Miranda.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Benito Colín Veiga, el fusilado alcalde de Cervo, y otros emigrantes políticos

Categoría:Alcaldes de Cervo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Unión Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos