Non confundir con haltere aparello ximnástico. miniatura|Halterios dunha típula (díptero). miniatura|Halterios dun estrepsíptero. Os halterios, tamén chamados balancíns, son pequenas estruturas en forma de maza, que son modificacións dun dos dous pares de ás nalgúns dos insectos alados.halterio s m. ENTOM Par de apéndices, capitados e móbiles, que substitúen o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denominan balancín. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISNB 84-7680-504-7.

Nos diferentes grupos A maioría dos insectos alados teñen dous pares de ás (aínda que algúns, como os coleópteros só utilicen para o voo as ás do segundo par, primeiro está endurecido e funciona como coiraza cando o insecto está pousado (os élitros).

Na orde dos dípteros (moscas e mosquitos) ás ás posteriores modificáronse en halterios.

Mentres que nos da orde dos estrepsípteros, pequenos insectos parasitos de abellas, avespas e cascudas son as ás anteriores as que se transformaron en halterios.

Función Estas estruturas axítanse rapidamente durante o voo. Conteñen os chamados órganos cordotonais, sinxelos órganos posicionais que funcionan como xiroscopios, informando ao insecto sobre a rotación do corpo durante o voo e a súa posición espacial.

Etimoloxía A palabra halterio provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do veebo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').ἁλτῆρεςἅλλομαιἅλμα

Estes ἁλτῆρες ou halteras eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes, eran utilizados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo haltere, usado na halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.

No salto, as halteras levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueológxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar ao chan. Desta manobra de balanceamento probabelmente deriven os sinónimos vulgares do galego e castelán balancín,balancín, 10ª acep., no DRAE. do portugués balancim,Klowden, M. J. (2007): Physiological systems in insects. Elsevier/Academic Press. pp. 497-499. e do catalán balancí,balancí, 4ª ecep. No Diccionari da la llengua catalana. Barcelona / Palma de Mallorca / València: Institut d'estudis catalans, 1995, ISBN 84-2973-981-5. para halterio, haltere e halteri, respectivamente. No italiano só se usa o termo bilanciere.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros atrigos Haltere

Categoría:Dípteros Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos