José Antonio Cortiñas Blas, coñecido como Fondista ou M. Vega, nado en Cortes (Bergondo) o 6 de outubro de 1921 e finado en Oleiros o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Actuou como enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia dende 1946. Afiliado ao PCE, entrou na guerrilla en 1948 fuxindo da detención. O Xulgado Especial de Accidentes Ferroviarios da Oitava Rexión Militar publicou en setembro de 1948 unha requisitoria contra el, Francisco Rey Balbís, Jesús Valeiro Gómez e Antonio López Arias."Requisitoria", La Voz de Galicia, 9-9-1948, p. 3. Requisitoria que volveu repetirse ao mes seguinte cos engadidos de José María Díaz Pan, Emilio Claudio Díaz, Enrique Ferreirós Candamo, José Remuiñán Barreiro, José Pedreira de la Iglesia e José Blanco Núñez."Requisitoria", La Voz de Galicia, 20-10-1948, p. 2. Foi comisario político do destacamento Santiago Álvarez cando o comandaba Jesús Valeiro Gómez. Dende xaneiro de 1950 formou parte do Comité Rexional do PCE dirixido por José Ricardo Sevil como delegado da Coruña, dedicándose a labores de captación. Morreu ao estourarlle unha granada nunha taberna de San Pedro de Nós o 18 de xullo de 1951.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Guerrilleros mas activos de la "IV Agrupacion" de la guerrilla antifranquista en la comarca de Betanzos, As Mariñas y zona de Abegondo
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en 1921 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes