Rudolf Ritter von Stummer-Traunfels, nado en Viena o 13 de novembro de 1866 e finado o 2 de agosto de 1961, foi un zoólogo austríaco, que traballou principalmente nas áreas dos Polycladida (da orde dos turbelarios) e dos Myzostomida (vermes anélidos parasitos).

Traxectoria Desde 1906 foi membro da Leopoldina. Foi galardoado coa medalla de prata da Real Academia Sueca de Ciencias con outros premios internacionais.

É coñecido por ser o descritor da antiga clase dos entognatos, artrópodos que, canda os insectos, formaría o subfilo dos hexápodos.

Faleceu á idade de 95 anos, e os seus restos repousan na localidade de Velden am Wörther See (Carintia).

Abreviatura A abreviatura Stummer-Traunfels emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén Ligazóns externas Obras de ou sobre Stummer-Traunfels.

Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Científicos de Austria Categoría:Biólogos de Austria Categoría:Zoólogos de Austria Categoría:Nados en Viena