A lingua cingalesa (en ; singhala [ˈsiŋɦələ]),Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh é a lingua nativa do pobo cingalés, que representa o meirande grupo étnico de Sri Lanka, representando uns 16 millóns de persoas. O cingalés tamén é falado como segunda lingua por outros grupos étnicos de Sri Lanka, sendo un total de catro millóns de persoas. Pertence á póla indoaria das linguas indoeuropeas. O cingalés ten o seu propio sistema de escritura, o alfabeto cingalés, que é un dos alfabetos bráhmicos, un descente do antigo brahmi indio estreitamente relacionado co alfabeto kadamba.
O cingalés é unha das linguas oficiais de Sri Lanka. Xunto coa lingua pali, xogou un papel principal na literatura budista theravada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en cingalés Bibliografía Gair, James: Sinhala and Other South Asian Languages, Nova York 1998. Gair, James and Paolillo, John C.: Sinhala, München, Newcastle 1997. Geiger, Wilhelm: A Grammar of the Sinhalese Language, Colombo 1938. Karunatillake, W.S.: An Introduction to Spoken Sinhala, Colombo 1992 [several new editions]. Clough, B.: Sinhala English Dictionary, 2nd new & enlarged edition, New Delhi, Asian Educational Services, 1997.
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas de Sri Lanka