Vsevolod Leonidovich Roshko (en , coñecido en ), nado o 23 de maio de 1917 en Moscova (Imperio Ruso) e finado o 13 de decembro de 1984 en Xerusalén (Israel), foi un sacerdote católico ruso, historiador da Igrexa, misioneiro, participante do apostolado ruso, e activista na diáspora rusa.
Traxectoria Nado nunha familia nobre, descendente do boiardo Dimitrie Cantemir, Vsevolod Roshko foi bautizado na Igrexa ortodoxa rusa, aínda que tanto o seu irmán Georgii como el mesmo se converterían máis tarde en sacerdotes católicos. O seu tío paterno, Vladimir Aleksandrovich Roshko, serviu como oficial no exército de Crimea-Azov, participando no movemento branco en 1919, e sendo torturado polos bolxeviques en Mykolaiv.
Despois de 1917 a súa familia exiliouse ao Xapón, en 1918 trasladáronse aos Estados Unidos de América, e en 1920 novamente a Europa. A partir de 1923 viviron en París, onde Vsevolod graduouse en 1936 da escola secundaria e matriculouse na universidade. Como o seu irmán máis vello, Vsevolod converteuse ao catolicismo e entrou na Orde dos Predicadores, aínda que non chegou a facer os votos. Máis tarde ingresou nos Pequenos Irmáns de Xesús do beato Charles de Foucauld.
En 1946 foi ordenado sacerdote en Roma e pasou a atender aos refuxiados rusos en Italia. Posteriormente foi trasladado a Bos Aires, onde exerceu o seu ministerio na Parroquia dos Santos Pedro e Paulo e na Igrexa da Transfiguración, hoxe parte do ordinariato para os fieis de rito oriental da Arxentina.
En 1949 foi enviado á comunidade católica rusa de Santiago de Chile, e máis adiante á misión católica rusa de Dillingham (Alasca). Neste destino Roshko dedicouse ao estudo en profundidade da vida e obra do misioneiro ruso Xermán de Alasca. En 1964 trasladouse a Israel, onde exerceu de subdirector dunha casa para a acollida de peregrinos pobres, a "Casa de Abraham", baixo a xurisdición da Igrexa católica greco-melquita.
Notas
Categoría:Sacerdotes católicos de Rusia Categoría:Sacerdotes católicos de Francia Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Sacerdotes católicos da Arxentina Categoría:Sacerdotes católicos de Chile Categoría:Sacerdotes católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Sacerdotes católicos de Israel Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica bizantina rusa Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Relixiosos católicos de Rusia Categoría:Pequenos irmáns de Xesús Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Misioneiros