A dos criptobránquidoscriptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7. (Cryptobranchidae) é unha familia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, unha das dúas que compoñen a suborde dos criptobrancoideos.

Debido ao seu gran tamaño as únicas tres especiesCriptobránquidos. Lista de especies en AmphibianWeb. que a compoñen son coñecidas vulgarmente como salamántigas xigantes.

Distribución As tres especies da familia distribúense pola China, o Xapón, o leste dos Estados Unidos e o sueste do Canadá.Amphibian Species of the World.

As especies asiáticas son Andrias davidianus (a salamántiga xigante chinesa) e Andrias japonicus (a salamántiga xigante xaponesa), mentres que a única especie presnte en Norteamérica é Cryptobranchus alleganiensis (a salamántiga americana xigante).

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra: Fitzinger, L. (1826): Neue classification der reptilien nach ihren natürlichen verwandtschaften. Nebst einer verwandtschafts-tafel und einem verzeichnisse der reptilien-sammlung des K. K. zoologischen museum's zu Wien, pp. 1-67. Ver en liña.

Etimoloxía miniatura|250px|Andrias davidianus. miniatura|250px|Andrias japonicus. miniatura|250px|Reconstrución do fósil dunha especie do xénero Chunerpeton.

O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e ´-idea (plural de -ideus, que o sufixo co que se forman as familias dos animais), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).

Clasificación

Actualmente recoñécense dous xéneros con tres especies:Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS. Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 Xénero Andrias Tschudi, 1837 Andrias Tschudi, 1837 no ITIS. Andrias davidianus (Blanchard, 1871) – salamántiga xigante chinesa Andrias japonicus (Temminck, 1836) – salamántiga xigante xaponesa Xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821 Cryptobranchus Leuckart, 1821 no ITIS. Cryptobranchus alleganiensis (Daudin, 1803)

Ademais, coñécense dous xéneros fósiles, Chunerpeton † Gao & Shubin, 2003 e Pangerpeton † Wang & Evans, 2006.Cryptobranchidae en Mikko's Phylogeny Archive.

Evolución Os rexistros máis antigos deste grupo son os do xénero Chunerpeton, que datan do xurásico medio.Gao, K. & Shubin, N. H. (2003): Earliest known crown-group salamanders. Nature 422: 424-428. Chunerpeton exhibe un gran número de similitudes morfolóxicas coas especies actuais do grupo, o que pon en evidencia o pouco que cambiaron as estruturas nestas especies ao longo de aprocimadamente 160 millóns de anos. Este fósil tamén apoia a hipótese que supón que a diverxencia entre os Cryptobranchidae e os Hynobiidae producíronse en Asia antes do xurásico medio. Ambas as familias forman un clado, sendo este o máis antigo entre os caudados. Por outra parte, a extensión de especies de dos Cryptobranchidae a Norteamérica explicaríase pola posterior formación dunha ponte terrestre.Milner, A. R. (2000): Amphibian Biology. Vol. 4.Milner, A. R. (1983): Evolution, Time and Space: The Emergence of the Biosphere (eds. Sims, R. W., Price, J. H. & Whalley, P. E. S.), pp. 431–468.

Por outra parte, as especies da familia dos Hynobiidae (comunmente coñecidas como salamántigas asiáticas) teríanse estendido desde Asia cata a Europa, quedando no holoceno restrixidas ao continente asiático.

Filoxenia As relacións filoxenéticas dos criptobráquidos son as que se expresan no seguinte cladograma, baesado en Frost et al. (2006).Frost et al. (2006) "The Amphibian Tree of Life" . Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Weisrock, D. W. et al. (2005): "Resolving deep phylogenetic relationships in salamanders: Analyses of mitochondrial and nuclear genomic data". Systematic Biology 54: 758-777.

Outros artigos Urodelos Criptobrancoideos

Ligazóns externas Amphibian Species of the World Cryptobranchidae en AmphibianWeb . Criptobránquidos. Lista de especies en AmphibianWeb. Cryptobranchidae na ADW . Cryptobranchidae na EOL. Cryptobranchidae no ITIS. Cryptobranchidae no NCBI. Cryptobranchidae en Tree of Life Cryptobranchidae en Fossilworks. Especies de criptobránquidos na UICN.

Categoría:Urodelos