A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en , Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002. Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.

O editor xefe da enciclopedia é Yury Osipov, o presidente da Academia. O equipo de traballo conta con outros 80 membros da Academia, incluíndo os Premios Nobel Zhores Alferov e Vitali Ginzburg.

O primeiro volume introdutorio, estreado no 2004, estivo dedicado a Rusia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grande Enciclopedia Soviética Ligazóns externas

Categoría:Enciclopedias en ruso Categoría:Lingua rusa