Waldheim é unha cidade pertencente ao Distrito de Chemnitz, en Saxonia (Alemaña).
Xeografía Encóntrase situada a 266 msm, xunto ao río Zschopau, a 9 km ao suroeste da cidade de Döbeln, e a 28 km ao norte de Chemnitz.
Ten unha superficie de 23,81 km², e unha poboación (censo do 31 de decembro de 2008), de 8 606 habitantes, o que representaba unha densidade de 361 hab/km².
Historia miniatura|230px|A cidade en 1900. En 1198 o bosque (Wald) que dá nome á cidade aparece mencionado por primeira vez e, xa en 1271, apareceu a primeira mención documental do seu castelo.
Recibiu o título de cidade en 1286.
Adheriuse á Reforma protestante en 1537.
Nesta localidade naceu, o 13 de outubro de 1771 (daquela pertencía ao Electorado de Saxonia, do Sacro Imperio Romano Xermánico), o anatomista, entomólogo e paleontólogo Johann Fischer von Waldheim.
Durante a segunda guerra mundial, a súa prisión recibiu algúns deportados políticos ("Nacht und Nebel") de Bélxica e do departamento francés de Nord-Pas-de-Calais, despois da súa condena.Michel Reynaud, Fondation pour la mémoire de la déportation. Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas par mesure de persécution, 1940-1945, Volume 1 páxinas 116-122-226.
Monumentos arquitectónicos Mercado, coa súa torre-campanario, século XVIII. Igrexa luterana de San Nicolás, 1842. Casa o Concello (Rathaus) cunha torre e unha gran sala (Jugendstil), 1902.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Saxonia