José María Rodríguez Eiras, alcumado Cotexo, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 12 de agosto de 1905 e finado en Trabanca Sardiñeira en 1967, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fogueiro. Pertencía ao Sindicato da Industria Pesqueira do Carril adscrito á CNT co seu irmán Secundino. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Declarado en rebeldía en varias causas tras fuxir nun barco a Francia. Volveu a Barcelona. Loitou no exército republicano. Foi confirmado como comisario político en decembro de 1938.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 10-12-1938, p. 1. Coa derrota da Repúbica foi detido en Alacant e retomado o seu procesamento en Galicia, foi condenado en consello de guerra pola causa 886/39. Estivo preso na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1944.BOE, 25-3-1944, p. 2457-2460. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 9-12-1945, p. 1394. Foi detido pola Garda Civil en Santiago de Compostela con Santiago Rey N., Ramón Díaz Hermo e José Vidal Bugallo. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2. En marzo de 1947 foi outra vez detido co seu irmán Secundino e torturado. Xulgado en consello de guerra en Vigo en 1948, foi condenado a 3 anos e internado en Santoña. Liberado en 1952, continuou traballando na pesca e mantivo contacto con compañeiros como A. García Durán.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1967

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes