A síndrome de dificultade respiratoria neonatal (SDRN) é un trastorno entre os neonatos prematuros, cuxos pulmóns non están completamente maduros, de tal xeito que canto máis baixa é a idade xestacional máis probabilidades teñen de padecer a doenza.

O SDRN é o trastorno respiratorio máis adoito nos neonatos prematuros. O comezo da atención prenatal con esteroides para a aceleración da madurez pulmonar e o desenvolvemento de surfactante exóxeno, poden supoñer unha notable mellora nos resultados dos pacientes afectados con SDRN.Rodriguez RJ, Martin RJ, and Fanaroff, AA.

Etioloxía As causas máis frecuentes de distrés respiratorio nos neonatos inclúen: Doenza da membrana hialina: insuficiencia na produción do surfactante pulmonar e falta de desenvolvemento pulmonar. Taquipnea transitoria do neonato ou pulmón húmido: a persistencia de líquido nos alvéolos pulmonares despois do nacemento. Síndrome de aspiración de meconio: a broncoaspiración neonatal das primeiras feces do bebé ou líquido meconial. Outras causas inclúen as complicacións dunha pneumonía e dun neumotórax.

Patoxenia Os pulmóns inmaturos non producen suficiente cantidade de surfactante pulmonar -unha substancia tensioactiva que reviste os pequenos sacos aéreos (alvéolos) dos pulmóns e que permiten que estes se manteñan abertos e non colapsen. Se estes diminutos sacos non se abren con facilidade, os pulmóns non poden encherse de aire e facer chegar o osíxeno necesario ó torrente sanguíneo; isto para o caso do déficit de surfactante como en prematuros ou o a enfermidade de membranas hialinas, no caso de taquipnea transitoria do recentemente nado (RN) a etioloxía é a falta de reabsorción do líquido pulmonar, xeralmente pasa nas cesáreas sen traballo de parto. A taquipnea transitoria do RN é a causa máis frecuente de SDRN.

Notas

Categoría:Doenzas