Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.

A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Páxina oficial da base de datos de Broadway en Internet .

Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").About The Broadway League . The Broadway League recolleu esta información e as estatísticas de Broadway por moitos anos. En 1996, o Departamento de Investigación comezou a organizar e ampliar a colección de datos, co obxectivo de crear unha páxina web.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Internet Movie Database Ligazóns externas Páxina oficial da base de datos de Broadway en Internet . League of American Theatres and Producers .

Categoría:Bases de datos Categoría:Teatro