Heinz Jürgen Wolf, nado en Düsseldorf o 16 de xaneiro de 1936 e finado en Bonn o 26 de marzo de 2016, foi un lingüista alemán.

Traxectoria Estudou romanística, anglística e filosofía nas universidades de Colonia e de Aix-en-Provence, graduouse en francés e inglés en 1962. Concluíu un doutoramento na universidade de Colonia cun traballo sobre os números étnicos franceses, Die bildung der französischen Ethnica (1967). Conseguiu a libre docencia en 1970, foi profesor de Lingüística románica na universidade de Bonn desde 1974. Escribiu diversos traballos sobre as linguas romances, sobre todo sobre o italiano e o francés e, desde 1983, sobre o sardo; en particular ocupouse fonética histórica, formación das palabras, dialectoloxía e toponomástica. Entre as súas publicacións son dignas de mención as Glosas Emilianenses (1991), unha monografía sobre os trazos lingüísticos destas, e Französische Sprachgeschichte (1979), unha historia da lingua francesa.

Obra Die Bildung der französischen Ethnica, Xenebra / París, 1967. Französische Sprachgeschichte, Heidelberg, 1979. Glosas Emilianenses, Hamburgo, 1991. Studi barbaricini, Casteddu, 1992. Toponomàstica barbaricina, Nugoro, 1998.

Notas

Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Düsseldorf Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Personalidades sen imaxes