Pleurodeles é un xénero de anfibios caudados da suborde dos salamandroideos, familia dos salamándridos e subfamilia dos pleurodelinos.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1830 polo médico e zoólogo alemán Karl Michahelles, no seu traballo: Michahelles,K. (1830): Neue südeuropäische Amphibien. Isis von Oken, vol. 23, pp. 189-195 (Ver o texto íntegro).
Clasificación O xénero comprende tres especies:Genus: Pleurodeles en Amphibian Species of the World.Especies de Pleurodeles en AmphibiaWeb.Pleurodeles Michahelles, 1830 no ITIS.
Xénero Pleurodeles Pleurodeles nebulosus (Guichenot, 1850) Pleurodeles poireti (Gervais, 1835) Pleurodeles waltl Michahelles, 1830
Distribución As tres especies do xénero encóntranse en España, Portugal e no Magreb (Marrocos, Alxeria e Tunisia).
Especificamente: Pleurodeles nebulosus - Norte de Alxeria, oeste de Tunisia.AmphibianWeb - Pleurodeles nebulosus . Pleurodeles poireti - Alxeria.AmphibianWeb - Pleurodeles poireti . Pleurodeles waltl - Península Ibérica, Marrocos.AmfibianWeb - Pleurodeles waltl .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Escoriza, D. & Hassine, J. B. (2017): "Comparative larval morphology in three species of Pleurodeles (Urodela: Salamandridae)" Resume. Zootaxa 4237 (3): 587–592. Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277. Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7. Zug, G. R. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles. San Diego, California, USA: Academic Press.
Outros artigos Salamándridos Pleurodelinos
Ligazóns externas
Categoría:Urodelos