A Confraría do Nazareno dos de Fóra é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro. Ten a súa sede canónica na igrexa de San Francisco, en Viveiro, e foi fundada en 1989.

Historia No ano 1988, Viveiro viu recoñecido o labor de varios séculos coa declaración da súa Semana Santa como festa de Interese Turístico Nacional. Con esta declaración multiplicáronse as accións promocionais, fixéronse habituais as retransmisións televisivas e experimentouse un crecemento tanto no número de visitantes como no de confrades.

En 1989 constituíuse unha nova asociación, a Confraría do Nazareno dos de Fóra, formada inicialmente por confrades que residían fóra da cidade de Viveiro, aínda que posteriormente tamén se ampliou con residentes na propia localidade.

Procesións Durante a Semana Santa de Viveiro, a Confraría do Nazareno dos de Fóra participa cos seus dous titulares, o Sagrado Corazón de Xesús e O Noso Pai Xesús Nazareno, como convidada na Procesión do Prendemento, organizada pola Irmandade do Prendemento.

Tamén participa na Procesión da Paixón (Venres Santo).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Semana Santa de Viveiro Historia da Semana Santa de Viveiro Venerable Orde Terceira Franciscana Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario Confraría do Santísimo Cristo da Piedade Irmandade do Prendemento Irmandade das Sete Palabras Irmandade da Santa Cruz Confraría da Misericordia

Categoría:Semana Santa de Viveiro