José Antonio Castro López, Tucho, nado en Barallobre (Fene) o 18 de xuño de 1928 e finado en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Os seus pais foron perseguidos despois da vitoria franquista. Foi enlace da guerrilla. En 1947 fixo o servizo militar no rexemento de artillaría de Ferrol. Desertou en xullo con José Vilariño Fernández da gornición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. A súa familia foi represaliada. Incorporado á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, foi quen executou ao axente infiltrado Alejo Pablo Mora García. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros, Antonio Veiga Mejuto, José Freire Barcia e José Sancho Riera.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes