250px|esquerda|miniatura|Xilografía de Viaxe cara ao Oeste, do século XIX, Sun Wukong contra o demo león. 250px|esquerda|miniatura|Marioneta de teatro de sombras de Sun Wukong de Taiwán. Sun Wukong (en ) ou o Rei Mono, é unha figura mitolóxica e personaxe deus mono da novela chinesa Viaxe ó Oeste, obra clásica da literatura chinesa. Este personaxe áchase entre un deus embusteiro, un superheroe e unha alegoría. As orixes do Rei Macaco anteceden o romance chinés, e remóntanse ao Deus Macaco, Hanuman, da épica hindú ao Ramayana e á dinastía Song.
Os personaxes chamados Son Goku son achados en abondosas series de anime e manga xaponesas baseadas neste mito, e tamén bandas deseñadas europeas e videoxogos . Un deles, posibelmente o máis coñecido, está no universo de Dragon Ball e outro na serie Gensomaden Saiyuki. Nos animes de Doraemon e Shin-chan tamén aparece a historia.
Saiyuki (película) Unha das películas sobranceiras de anime máis temperáns foi adaptada de Boku no Son Gokū (ぼくの孫悟空 O meu Son Gokū), un manga de 1953 creado por Osamu Tezuka (de Astro Boy e Black Jack), Saiyuki foi unha das primeiras estreas da Toei Animation (que se estabeleceran xusto tres anos antes, en 1957, coma parte de Toei Productions). Daquela, a Toei Animation adaptouse para crear películas de longa duración, como pasou con Saiyuki, que foi estreada orixinalmente no Xapón en 1960 baixo o mesmo título cá novela da cal véu: Saiyuki.
Gensomaden Saiyuki
En Gensomaden Saiyuki, Son Goku, coma o lendario Sun Wukong, é un demo herético que foi encarcerado nunha cova durante quiñentos anos coma castigo polos seus crimes contra o Ceo. Acabou sendo liberado por Genjo Sanzo e vixiado no mosteiro administrado por Sanzo. Cando Sanzo foi enviado polos deuses para viaxar ó oeste para parar unha onda de enerxía negativa que fai que os demos do mundo perdan o control e que ataquen os humanos con quen viviran pacificamente, Son Goku acompáñao, xunto co demo Cho Hakkai e co medio demo Sha Gojyo.
Son Goku é un loitador experto co nyoi-bō. Aínda que é un demo, mantense en forma humana cun limitador de poder de ouro que leva coma unha coroa pequena. Cando a quita ou perde, perde o control e non é quen de distingui-los amigos dos inimigos, feito do máis perigoso xa que a súa forza só é rivalizada polos máis grandes deuses e demos. O concepto da coroa limitadora de poder está inspirada na lenda orixinal chinesa. A diferenza doutras lendas onde o título Seiten Taisei foi autoconcedido para indica-la súa iluminación, outros deron o título de Goku para indicar que o seu poder era case igual ó dos deuses.
No anime e no manga, Goku vese coma un monstro no canto dun demo e, alén diso, non pode morrer, tanto tén o brutal que se lle bata ou canto tempo leve sen comer. Ademais é un pozo sen fondo para a comida, posibelmente como resultado de non comer durante todo o seu encarceramento, e é extremadamente agarimoso. Naceu das enerxías caóticas da terra, xurdindo dunha rocha no cumio dunha montaña. Así, non tén ningún pai e Genjo Sanzo actúa coma un garda na súa vida anterior e actual. Goku está moi apegado a Sanzo e se algunha vez Sanzo é mancado, Goku ocúpase del, e as súas habilidades de loita aumentan enormemente.
Foi dobrado por Soichiro Hoshi, un bo amigo de Akira Ishida, quen dobrou Hakkai.
Gokudo-kun Man'yūki O anime Gokudo-kun Manyuki trata do Rei Mono Gokudo, que é un mercenario, diferente á maioría dos protagonistas xa que se acha máis preto dun bandido ca dun heroe. Non vacila en se aproveitar das necesidades das persoas ou en vende-los seus amigos para se salvar el.
Dragon Ball
En Dragon Ball, Son Goku é un Saiyan que foi enviado para Terra sendo un bebé. El e a serie manga están libremente baseados nos monos e en Viaxe ó Oeste . Goku é moi forte comparado cos humanos e cos seus amigos, e tén un rabo de mono. Tamén tén un apetito practicamente infinito, e é moi inxenuo sobre moitas cousas ata que Bulma llas ensina doutro xeito. Nas últimas partes de Dragon Ball (coñecidas tamén coma Dragon Ball Z na adaptación de anime) Goku e a serie vanse afastando das súas orixes en Viaxe ó Oeste e achéganse máis á ficción científica, cun argumento orientado a viaxes polo espazo exterior, personaxes androides/cyborg etc.
Diferenzas entre o anime e Sun Wukong Hai algunhas diferenzas importantes entre o Son Goku presentado na serie Dragon Ball e Sun Wukong.
Respecto á aparencia, Son Goku é un guerreiro novo da raza Saiyan enviado para a Terra sendo un bebé. Usa un uniforme de algodón e tén o pelo con puntas en tódalas direccións. Sun Wukong vístese luxosamente, leva unha coroa, e vese máis mono ca humano.
Respecto á personalidade, Son Goku é inocente, puro de corazón e é incribelmente inxenuo e crédulo. Canto a Sun Wukong, el é un chisco embusteiro e coñécese por ter causado unha certa cantidade de problemas no ceo.
Política Mao Zedong usou o Sun Wukong como un modelo de conduta e nos seus discursos falaba do bo exemplo do Rei Macaco, citando o "seu destemor e traballo realizado co obxectivo de extirpar a pobreza da China".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sun Wukong Character Profile Detalles sobre Sun Wukong, con listas e explicacións sobre os seus varios nomes, arma, habilidades, poderes e personalidade. História de Sun Wukong com manhua Sun Wukong's entry at Godchecker 'Journey to the West' History of Monkey King with links to performances of "Journey to the West" by New York City's Official Storyteller Texto anotado de Rei Macaco , pasando o mouse sobre calquera palabra chinesa aparecen explicacións e definicións para seu uso. PopMatters.com Artigo no "Heavy Metal Monkey King"
Categoría:Mitoloxía chinesa