José Fernández González, Rizo, nado en Ferreiros (Entrimo) o 15 de novembro de 1915 e finado en Ourense o 22 de decembro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Cando en xaneiro de 1937 a súa quinta foi mobilizada, fuxiu para Ribeiro de Baixo, na freguesía de Castro Laboreiro, o 17 de xaneiro. O 21 de xaneiro de 1937 foi detido o seu pai Antonio Fernández como chantaxe para obrigalo a presentarse. Foi xulgado en Ourense por rebelión e declarado en rebeldía. Traballou de zapateiro en Portugal. Procesado na causa 177/41 acusado de rebelión militar, foi detido en Valencia de Alcántara en xullo de 1941 e trasladado ao cárcere de Ourense en setembro. Xulgado en consello de guerra o 16 de novembro de 1942, foi condenado a pena de morte. Fusilárono no Campo de Aragón (Ourense) o 22 de decembro de 1942.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Expediente persoal do recluso José Fernández González

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Entrimo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes