A Universidade de Tecnoloxía de Delft (en neerlandés: Technische Universiteit Delft), coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidades tecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo.

Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real (Koninklijke Akademie), que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica (Technische Hogeschool) e finalmente, en 1986, polo de universidade.History of the university. (En inglés)

Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información (mellor da Unión Europea) e número 83 do mundo.Times Higher Education-QS World. Engineering and information technology. University Rankings 2009. (En inglés)Times Higher Education-QS World. University Rankings 2009. Top 200 world universities. (En inglés)

Facultades e centros de investigación

Facultades Conta con oito facultades, a maior parte delas situadas ao sueste do concello de Delft, onde forman un campus, conxuntamente con empresas de investigación e laboratorios.Facultades e disciplinas de TU Delft. Enxeñaría mecánica, naval e dos materiais (Werktuigbouwkunde, Maritieme Techniek & Technische Materiaalwetenschappen -3mE-). O seu edificio recibiu en 2011 a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).Ficha de inscriciópn do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés) Arquitectura (Bouwkunde -BK-). Enxeñaría civil e Xeoloxía (Civiele Techniek en Geowetenschappen -CiTG-), coas seguintes seccións: Transportes e urbanismo. Construción. Xeotecnoloxía. Xestión da auga. Hidráulica e marítima. miniatura|Edificio da facultade de Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (EWI)Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (Elektrotechniek, Wiskunde en Informatica -EWI-). Enxeñaría en deseño industrial (Industrieel Ontwerpen -IO-).  Enxeñaría aeronáutica e aeroespacial (Luchtvaart en Ruimtevaarttechniek -LR-). Ciencias aplicadas (Technische Natuurwetenschappen -TNW-). Tecnoloxía, Dirección e Xestión (Techniek, Bestuur en Management -TBM-).

Centros de investigación A investigación desenvólvese nestes sete institutos principais, aos que se suman outros centros máis específicos en cada área. Os sete institutos da TU Delft son os seguintes:Centros de investigación de TU Delft. TU Delft Climate Institute. TU Delft Process Technology Institute. TU Delft Robotics Institute. TU Delft Transport Institute. TU Delft Safety & Security Institute DSys. TU Delft Space Institute. TU Delft Sports Engineering Institute. TU Delft Wind Energy Institute (DUWIND). TU Delft Institute for Computational Science and Engineering.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Aerospace Rocket Engineering Delft University of Technology Racing Team Escola de Delft (arquitectura) Escola de Delft (microbioloxía) Federación Deportiva de Estudantes de Delft Forze Hydrogen Electric Racing Team Delft Museo Mineralóxico-Xeolóxico Nuna Science Centre Delft

Ligazóns externas Sitio web da TU Delft Biblioteca da TU Delft

Categoría:Universidade de Tecnoloxía de Delft